miércoles, 17 de mayo de 2023

17 M: Día das Letras Galegas

 


En Vilanova de Lourenzá nace Francisco Fernández del Riego, o 7 de xaneiro de 1913, primeiro fillo dunha extensa familia. O seu pai, Vicente Fernández, fora emigrante en Cuba e a súa nai, malia o que o propio autor afirmaba, non contaba con devanceiros asturianos. Este achado débese ao seu biógrafo Manuel Román que testemuña como o que se produce é unha deturpación do seu apelido pois un antepasado seu nace sendo Manuel do Rego e morre, confirmando o proceso de castelanización, como Manuel Del Riego. Os avós maternos, Xesús e Dominica, eran propietarios de terras e casaríos na comarca e rexentaban un negocio de tecidos no baixo da casa en que vivían.

A súa infancia transcorreu coma a dun neno máis daqueles tempos, malia que presenciar un atentado que sufriu o seu pai o 17 de setembro de 1918 o deixara marcado. Este tentou defender un amigo da familia, Xoaquín Lozano, obxecto dun ataque como líder do movemento agrarista, e un disparo perforoulle os pulmóns, aínda que logrou restablecerse. De neno, Del Riego xa era moi afeccionado á lectura, debruzándose nos contos da editorial de José María Calleja e outros autores como os irmáns Grimm, Swift, Twain, Salgari ou Jules Verne.studa nunha escola unitaria de Vilanova e prepárase cos frades do mosteiro laurentino para examinarse, por libre, no chamado Instituto de Segundo Ensino de Lugo e facer as probas do denominado bacharelato elemental, que aprobará e que lle permite ingresar no Colexio dos Escolapios, en Monforte de Lemos, no curso 1927-1928, onde prosegue a súa formación ao longo de tres anos. Alí realiza os primeiros traballos de carácter literario, que ven a luz na revista escolar Páginas Calasancias, e acada algún galardón en diversos premios literarios. Pouco despois, aparecen traballos asinados por el no semanario mindoniense Vallibria, dirixido por Xosé Trapero Pardo. Tras superar o bacharelato, aproba a denominada reválida na Universidade de Santiago de Compostela e inicia unha nova etapa na Universidade Central de Madrid para seguir o curso 1930-1931, onde frecuenta diversos espazos formativos e de lecer como bibliotecas, teatros ou faladoiros. Participa nas asembleas organizadas pola FUE (Federación Universitaria Escolar) e convértese nun activo defensor dos dereitos do estudantado, sumando o seu apoio aos presos políticos e participando en diferentes manifestacións. 

Tamén en Madrid comeza a militar na causa do galeguismo tras a lectura de Rosalía, Curros, Antón Villar Ponte e, sobre todo, pola influencia que exerceu nel a Teoría do nacionalismo galego de Vicente Risco. 

Unha vez rematado o curso, xunto cun amigo redacta, imprime e distribúe un manifesto o 25 de xullo, pendura a bandeira galega na fachada do concello de Lourenzá e pronuncia un discurso, con só dezaoito anos, desde o balcón do edificio para concluír co canto do himno galego.

Trasládase con toda a súa familia a Santiago de Compostela, onde residirá nunha vivenda da rúa da Virxe da Cerca para proseguir os estudos de Dereito. 

Grazas a Lois Tobío irase introducindo no ambiente político e intelectual do nacionalismo. Frecuenta a sede do Seminario de Estudos Galegos en Fonseca e coñece a Ricardo Carvalho Calero, Sebastián García-Paz, Antonio Fraguas, Xurxo e Xocas Lourenzo e un longo etcétera de persoeiros comprometidos coa Galicia daquel tempo. Tamén estreita relacións con Ánxel Casal, propietario da editorial Nós, lugar onde redacta follas publicitarias dos libros que se editan. Participa na Semana Cultural Galega que se desenvolve no Porto do 30 de marzo ao 6 de abril de 1935 e comeza a escribir nas páxinas de El Pueblo Gallego; igualmente envía colaboracións á revista La Universitat Catalana e ao xornal La Publicitat. No 1933 asume a responsabilidade de dirixir o semanario A Nosa Terra, voceiro do Partido Galeguista, ata que o substitúe Aquilino Iglesia Alvariño. 

[...]

Del Riego teima en conquistar un futuro distinto ao que vivía a Galicia daquel momento e para iso intenta a reconstrución do Partido Galeguista por volta do ano 1942. Nese proceso desempeña un papel relevante como ponte cos exiliados aglutinados no denominado Consello de Galiza.

En 1949 publica o seu primeiro libro, 'Cos ollos do noso esprito', coordina as emisións en lingua galega da BBC de Londres e comeza a colaborar no xornal compostelán 'La Noche'

[...]

Algúns anos despois encargaríase da codirección, tamén xunto con Ramón Piñeiro desde 1963 ata 1988, dunha revista fundamental, de carácter trimestral, que segue a publicarse aínda hoxe: Grial. Revista Galega de Cultura.

[...]

Unha das iniciativas de indiscutible proxección que presentou á Real Academia Galega foi a celebración do Día das Letras Galegas. Anos despois presidiría a institución

Por outro lado, foi elixido como membro correspondente da Real Academia Galega o 4 de abril de 1948, e nomeado membro numerario por maioría o 22 de maio de 1960. O 26 de novembro dese mesmo ano ingresa na institución dando lectura ao discurso titulado Un país e unha cultura. A idea de Galicia nos nosos escritores, que foi respondido, en nome da institución, por Ricardo Carvalho Calero. Unha das iniciativas de indiscutible proxección que presentou, co apoio de dous académicos máis como foron Manuel Gómez Román e mais Xesús Ferro Couselo, foi a celebración do Día das Letras Galegas. Anos despois presidiría a RAG, responsabilidade que asumirá desde novembro de 1997 ata novembro de 2001. A súa intención confesada era a de modernizar o espírito da institución, alentando académicos electos a que ingresasen nela dando lectura aos seus discursos, e así aconteceu con diversas persoas como Xaime Isla, Andrés Fernández - Albalat, Xosé Luís Franco Grande, Ramón Lorenzo ou Antón Santamarina; ademais estimulou e apoiou a incorporación á entidade doutras voces como Xohana Torres, Xosé Neira Vilas ou Xosé Luís Méndez Ferrín. Entre outros obxectivos, responsabilizouse de reformar os estatutos e introduciu diversas novidades como a supresión do mandato vitalicio do presidente e da Comisión Executiva.

[...]

A finais de xaneiro de 2004 é sometido a unha intervención cirúrxica no Hospital Xeral - Cíes de Vigo que se resolveu favorablemente e tres anos despois falece a súa esposa. Nos anos finais da súa vida estivo ao coidado, entre outras persoas, de Nancy, Lolita -viúva do seu irmán Joaquín- e mais Enrique Méndez. Asemade, é de destacar o acompañamento e coidado que lle dispensou, nos derradeiros anos, a docente e escritora Malores Villanueva. A súa casa estaba aberta para recibir visitas de amigos, entre os que se contaba Francisco Domínguez, con quen despachaba semanalmente sobre asuntos relacionados coa Biblioteca Penzol

O 7 de xaneiro de 2010, día do seu aniversario, un grupo de amigos e amigas fai unha solta de 97 pombas ao pé da súa casa. Uns meses máis tarde, o 23 de novembro de 2010, falece no seu domicilio da cidade de Vigo. Os seus restos son incinerados na máis estrita intimidade familiar e as súas cinzas depositáronse no cemiterio de San Pedro da Ramallosa (Nigrán), a carón das da súa dona Evelina Hervella.

Desde aquela data ata hoxe foron innumerables os recoñecementos e homenaxes que se lle tributaron. O Día das Letras Galegas 2023 incidirá neste xusto recoñecemento para  alguén que traballou incansablemente polo noso país. 

 Ramón Nicolás 
Académico correspondente


TRABALLO QUE CHE PIDO:

Ó longo desta semblanza do autor ó que lle adicamos este Día das Letras Galegas hai unhas palabras que aparecen subliñadas en amarelo.

Pídoche que escollas tres delas, busques información na rede e compartas

qué atopaches de interesante sobre cada unha delas.

Por outra banda, nesa familia tamén destaca unha irmá de Francisco. Déixoche aquí unha ligazón para que descubras máis dela a través deste artigo.


Por certo, qué relación ten esta persoa con "gallegueira", "facetime" e "espía".


SUBES as túas respostas a través dun 
comentario a esta entrada NON ESQUEZAS  
escribir o teu NOME, número e curso 
(indicando si eres de ESO ou BACH). 

¡GRACIAS!

martes, 2 de mayo de 2023

XI CONCURSO de FOTOGRAFÍA de nuestro BLOG

Desde hace ONCE cursos, convocamos este concurso de fotografía entre todo el alumnado que participa en este BLOG. 


El ganador del primer año fue Jorge R., con esta foto...


El segundo año la cosa estuvo más reñida y hubo un empate entre Javier I. (con esa preciosa puesta de sol)...


 e Iria (con ese paisaje de río)...


El tercer año, los dos alumnos premiados fueron IRENE F. 


... y JORGE R. con esta otra...


El CUARTO año, ganó Martín con esta puesta de sol.


EL QUINTO AÑO,  ganó Lucía A. con esta fotografía.


EL SEXTO AÑO,  ganó JOSÉ con esta PUESTA DE SOL.


EL SÉPTIMO AÑO,  ganó PEDRO con este anochecer.


EL OCTAVO AÑO,  ganó IRENE V. con este atardecer.


EL NOVENO AÑO,  ganó ALAN S. con este paisaje.


Y, os convocamos para la 11ª EDICIÓN de nuestro concurso. 

¿Qué hay que hacer?

1. Revisar entre todas tus fotos y elegir unaO hacerla en estos días. PERO OJO, tiene que ser OBRA TUYA.

2. Seleccionar ese archivo fotográfico y ponerle vuestro nombre y apellidos, número y curso (indicando ESO o BACH).

3. Enviar la foto por correo electrónico a proyectoemaus@yahoo.es

4. PLAZO de entrega: desde el 2 hasta el 31 de mayo.

5. LAS VOTACIONES se harán en una entrada del próximo curso, así como la entrega de los premios.

¡Suerte a tod@s!

VOTACIONES para el X Concurso de Fotografía de nuestro BLOG

Todos los cursos, DESDE HACE once YA, convocamos un CONCURSO DE FOTOGRAFÍA. El curso pasado las/los participantes nos enviaron estas 19 fotografías que puedes ver a continuación.

* Pincha sobre cada cuadro si quieres verlas más en grande.




NECESITAMOS que todo el alumnado de nuestra asignatura se involucre como jurado. 

AHORA SE TRATA DE VOTAR.

se vota por TRES FOTOS


SUBES tu respuesta (INDICANDO EL NÚMERO de tus tres fotos elegidasa través de un comentario a esta entrada NO OLVIDES escribir tu NOMBRE, número y curso (indicando si eres de ESO o BACH). 

¡GRACIAS!