lunes, 17 de mayo de 2021

17 de maio: DÍA das LETRAS GALEGAS

 


"Filla de Amparo Castaño López e Valentín Arias López, nace en Ortoá, en Sarria o 4 de marzo de 1962, é a maior de cinco irmáns. Os tres primeiros anos de vida decorren na contorna da Granxa de Barreiros... En 1969 a familia trasládase a Vigo, cidade decisiva na biografía e na obra dunha “nena de barrio e vida proletaria”, nas súas palabras...

Cando en 1980 Xela Arias decide non presentarse aos exames de COU, toma corpo unha decisión que vai máis aló da rebeldía adolescente, conecta cos discursos críticos que naquela altura cuestionaban a formación académica e plasma a súa ansia de independencia: “tiña moi interiorizado o anceio de independencia (...) Rebotábame ademais o sistema de estudios, cría que todo o que necesitaba podía aprendelo pola miña conta”...

Lonxe das aulas universitarias comeza a publicar os seus primeiros poemas inmersa na vida urbana dunha cidade que nos anos oitenta experimenta unha profunda transformación. De noite a cidade desborda unha eufórica vida cultural, a ritmo de rock, de pop, de punk, de accións poéticas, fanzines e concorridos locais alternativos. A moda, o deseño, grupos de teatro, colectivos artísticos e medios de comunicación conflúen no perfil dunha urbe que fai gala de modernidade ao tempo que toma as rúas en masivas manifestacións contra a reconversión naval e amosa o seu carácter de cidade obreira. A crise económica rexistra altas taxas de paro e a heroína comeza a circular. A sida irrompe con forza e con ela os estigmas, tamén o activismo. Son tempos de mobilizacións feministas, reivindicacións de dereitos, debates e organización de xornadas; apenas acababa de abolirse o delito de adulterio (1978). En 1982 Xela Arias comeza a publicar os seus poemas...

Apenas uns meses despois de deixar os estudos, comeza a traballar en Edicións Xerais de Galicia. Con Xulián Maure, director e fundador, e Roberto Pérez Pardo, primeiro director comercial, forma parte do equipo que pon en marcha unha das empresas decisivas da edición no novo tempo político. Desenvolve primeiro funcións de oficinista e dous anos despois incorpórase ao Departamento Editorial, nos apartados de creación e investigación. Entre 1990 e 1996 é correctora de estilo e editora das coleccións Xerais Universitaria e Biblioteca de Autores Galegos. Preparando orixinais, corrixindo textos ou como responsábel de coleccións Xela Arias participa dos procesos de profesionalización da edición e contribúe á configuración do seu tecido...

Recibe a Medalla “Premio de Traduçao Sociedade de Lingua Portuguesa” por Amor de perdición de Camilo Castelo Branco (1986, Xerais) e o Premio de tradución Ramón Cabanillas (compartido con Darío Xohán Cabana) por O derradeiro dos mohicanos de James Fenimore Cooper (1993, Xerais). Postumamente, o premio Plácido Castro 2004 por O Spleen de París (pequenos poemas en prosa) de Charles Baudelaire (2003, BIVIR)...

Despois de dez anos de traballo na editorial Xela Arias decide retomar os estudos. En 1991 comeza Filoloxía Hispánica na Universidade de Vigo e posteriormente Galego-Portugués. Compatibiliza os estudos universitarios coas traducións e o labor como correctora de estilo e editora. Ao mesmo tempo completa formación asistindo a cursos e congresos, colabora con varios artigos en Xornal Diario e mantén a actividade literaria: recitais, encontros, presentacións..., publica poemas en libros colectivos e en revistas, Festa da Palabra Silenciada, Boletín Galego de Literatura ou Zurgai, presenta actos como a IV Edición dos Premios Irmandade do Libro en Vigo, participa na redacción da revista Viceversa... E cría o seu fillo que nace en 1994. Xela Arias casara en 1992 co matemático e fotógrafo Xulio Gil Rodríguez con quen tiña unha relación desde 1988. Sepáranse xudicialmente en 2002...

A docencia será a ocupación laboral última de Xela Arias. Profesora de secundaria na materia de Lingua e Literatura castelá impartirá aulas en nove centros de ensino en apenas catro anos: desde o IES Terra de Xallas, Santa Comba, en 1999 ao IES Montecarrasco de Cangas en 2003, e entre os dous: Paralaia de Moaña, Valle-Inclán, en Pontevedra, Xelmírez II de Santiago e Valadares II en Vigo, IES de Chapela, en Redondela, IES A Sangriña da Guarda e IES Alvaro Cunqueiro de Vigo...".

* A biografía completa podes vela neste enlace


Hai moitas formas de achegarse á obra desta escritora galega... Aquí tés unha na que quizáis non pensaches... GRAZAS á BANDA DA LOBA (grupo de música galega) podemos ver musicalizados catro poemas desta autora.






TRABALLO QUE CHE PIDO:

1. Despois de ler a BIOGRAFÍA desta escritora dende o enlace que atopas enriba dos vídeos, onde aparecen algunhas ideas que Xela manifestou en vida, dime que idea che gustou ou che fixo pensar.

2. Elixe un dos poemas que musicalizou este grupo e resume en tres palabras o que che fixo pensar.

3. Fai unha listaxe dos libros en galego que tes lido ó longo da túa vida e dime cal che gustou máis.

A TÚA APORTACIÓN a esta entrada súbela a través dun comentario. Non te esquezas de anotar o teu nome, número, curso e indicar si está en 
ESO ou BACHARELATO.

domingo, 9 de mayo de 2021

DÍA de EUROPA, 9 de mayo

La Unión Europea (UE) es una entidad geopolítica que cubre gran parte del continente europeo. Es una asociación económica y política única en el mundo, formada por 27 países. A partir de los años 60, Bruselas se ha consolidado como la capital de la UE, dónde se concentran la mayor parte de las instituciones comunitarias y viven la mayoría de los funcionarios y responsables. La UE cuenta con una moneda única, una bandera, un himno y el día de Europa, que se celebra cada 9 de mayo.


Como sabes esta es la Bandera de la UE. Pero, ¿quién es su autor y en qué se inspiró? Busca información por tu cuenta.

,

AHORA te toca investigar quién está detrás del HIMNO de la UE. Pista: hay una Oda y una musicalización de la misma que hizo un gran compositor. ¿Quiénes? 

Tienes que ver estos dos vídeos para conocer más en profundidad cómo se gestó la UE 
y los retos que tenemos por delante.




TRABAJO QUE TE PIDO: Subes a través de un comentario a esta entrada las respuestas a las preguntas sobre la bandera y el himno de la UE. Además, contesta a estas otras:

1. ¿Qué importancia tienen estas fechas en la historia de la UE: 1951, 1965, 1986, 1992, 1999 y 2007?

2. ¿Quién fue Robert Schuman?

3. ¿Cuántos países formaban la UE cuando se plantea una Constitución Europea?

4. ¿Qué países, al votar no sus ciudadanos, frenaron la proclamación de una Constitución Europea?

5. ¿Qué instituciones son las más importantes en la estructura de la UE?

No te olvides de escribir en tu comentario tu NOMBRE, número y curso (indicando si es ESO o BACH).