O título desta entrada son uns versos do
famoso poema de Rosalía de Castro. Estamos próximos a celebrar o << Día
das Letras Galegas >> e quixera que
entre todos publiquemos, a través dun comentario, algún texto, poesía,...
dalgún autor galego que é capaz de tocarnos a alma, o corazón…
Tamén estou seguro que sodes capaces de
identificar moitas das imaxes do vídeo, porque xa estivestedes alí nalgún
momento da vosa vida.
¡Mais
queda tanto por ver!… ¿Que vos parece si dicimos entre todos eses lugares
da nosa terriña que sería bo que non deixáramos de ver?… Podedes buscar unha
imaxe en Internet para que nos fagamos unha idea da súa fermosura ou mandar
unha foto que fixérades vós. Para facela chegar ó blogue botades man da dirección
de correo: proyectoemaus@yahoo.es
24 comentarios:
Este poema de amor de Celso Emilio Ferreiro me parece precioso: MORAIMA
Cando quero vivir
[i]digo Moraima.
Digo Moraima
cando semento a espranza.
Digo Moraima
e ponse azul a alba.[/i]
Cando quero soñar
[i]digo Moraima.
Digo Moraima
cando é noite pechada.
Digo Moraima
e ponse a luz en marcha.[/i]
Cando quero chorar
[i]digo Moraima.
Digo Moraima
cando a anguria me abafa.
Digo Moraima
e ponse a mar en calma.[/i]
Cando quero surrir
[i]digo Moraima.
Digo Moraima
cando a mañá é crara.
Digo Moraima
e ponse a tarde mansa.[/i]
Cando quero morrer
[i]non digo nada.
E mátame o silencio
de non dicir Moraima.[/i]
En cuanto a las imágenes:
la catedral de Santiago, la Virgen de la Barca, la cascada de Entrecruces....
nº1 4ºD ESO
Eduardo Pondal, foi un escritor e poeta galego, adicou gran parte da sua obra a Galiza. A sua obra mais destacada é "Os Pinos"(himno de Galiza), nesta obra podemos encontrar numerosas referencias á sua terra, como por exemplo cando nos fala dos rumorosos( os pinos) árbore moi abundante en Galiza, outra referencia é a costa verdescente(falanos da verde costa galega), e asi sucesivamente podense ir encontrando mais referencias a Galiza. Sofía Nº1,1ºD.
http://www.youtube.com/watch?v=hmXAB9rvFWE&feature=player_detailpage
Os versos que poño a continuación son de diferentes poesías de Paz-Andrade que me chamaron a atención:
1ª
Ven o ar ateigado de palabras
cada mañán chamand’ os nosos vidros,
pra por a xermolar son e semente.
2ª
Chora terra, teu pranto matricial.
O que todo galego choraría,
Se inda chorar pudera,
Até cubrir de bágoas o mare.
3ª
Palabras insonoras baix’ o sono
Como peixes d’ acuarium apagado
Que a memoria repesca na vixilia.
Esta última ensinouma miña irmá pequena, que gravou a súa voz recitándoa para a poñer nun anuncio na televisión pola celebración do Día das Letras Galegas.
O mellor da nosa terriña... uff! É moi difícil elixir só unha cousa entre todas as marabillas que temos. Pero o que máis me gusta é o noso clima, si, diredes vós: “esta muller non sabe o que di, mira que é moito mellor o soliño”. Pois a min paréceme que é o que máis vida lle da a Galicia: se non fose pola chuvia non teriamos esos bosques e flora tan bonitos que temos, mesmo algún que outro tipo de animal desaparecería se non fose pola humidade da nosa terra; se non fose polo clima, ¿como iamos saber o que se sinte cando en pleno vran o ceo píntase de gris e podemos relaxarnos logo de tanta festa e pasar a tarde na casiña ou incluso bañarte no mar e sentir como cae a chuvia polo teu corpo mollado pola auga salgada? Sensación inexplicable con palabras que só un galego comprende.
Ou tamén as nosas praias. Todas de diferentes tipos de area: máis branca, máis dourada, máis fina... Todas diferentes pero cunha cousa en común: preciosas, inimitables... GALEGAS. Nas praias da Costa da Morte é onde teño eu moitos dos meus recordos máis bonitos: na praia de Lago, no Ariño (Xaviña), en Area da Vila, en Reira, a Plaia do Trece e Lingunde (Camariñas); na Arnela, no Osmo e na Hermida (en Corme), etc.
HAI TANTAS COUSA PRECIOSAS POR AQUÍ...!
Un saúdo,
Andrea Nº 7 2º C
A seguir, "A Galicia", de Francisco Añón Paz (1812 - 1878). No seu día este poema foi candidato a himno galego.
Ai, esperta, adorada Galicia,
dese sono en que estás debruzada,
do teu rico porvir a alborada
polo Ceo enxergándose vai.
Xa cantando os teus fillos te chaman,
e cos brazos en cruz se espreguizan...
¡Malpocados! O que eles cobizan
é un bico dos labios da Nai.
Dese chan venturoso arrincado
pola man do meu negro destino,
hastra mesmo soñando maxino
eses campos risonos cruzar.
E correr polas hortas e prados,
onde leda pasou miña infancia,
respirando a süave fragancia
de xazmín, caravel, azahar.
Coido ver esas rías serenas,
escumando con barcos veleiros,
e cantares oír feiticeiros,
que en ningures tan doces oín.
Inda creo sentir as labercas,
que pineiran nos aires cantando,
cando o sol vai as nubes pintando
de amarelo, de lume e carmín.
Ao través de aguzados penedos
penso ver empinados petoutos,
viñas, hortas, devesas e soutos,
que apouvigan os ventos do Sul.
E saltando regueiros e valos,
cata xa outros bos horizontes,
outras veigas, mariñas e montes,
que se perden na brétema azul.
Soño ahí que entre verdes pereiras
fouliadas alegres escoito,
cando o Ceo se reviste de loito
nas poéticas noites do bran.
E que en medio de nenas garridas
canta un mozo con voz pracenteira,
para o lado tumbada a monteira,
unha orella tapando coa man.
Eu soñei ver na cume do Pindo,
adornados de mirto e loureiros,
escritores poetas guerreiros,
que sorrindo se daban a man.
Eran eses os fillos mais caros,
que da Patria aumentaron a gloria:
os seus nomes nos fastos da historia
con diamante grabados serán.
E dimpois unha endrómena rara
vin moverse con ágoa fervente,
e silvando como unha serpente,
como un lóstrogo os campos cruzou.
Era aquel o porvir que xa soa
e das probes aldeas fai vilas...
¡Adiós cantos e Musas tranquilas!
O imperio da industria empezou.
Acordei... O meu soño dourado,
como fume pasou de repente,
e magoado o meu peito se sente
de soidades e amor palpitar.
Marmurei: —¡Adorada Galicia! ...
(E dos ollos chovíanme as bágoas).
¡Quen pudera beber túas ágoas,
e teus aires feliz respirar!
De ti lonxe, querido corruncho,
eu mirrándome estou de amargura,
como a froita que vai xa madura,
e entre silvas o vento guindou.
¡Teño envidia da libre andoriña,
que ahí chega por todos os maios!
¡Teño envidia das nubes e raios,
que o Sudeste a esas terras levou!
A ti voa entre ardentes suspiros,
sobre as trémulas alas do vento,
a soidade do meu pensamento,
que decote cravado está en ti.
Por diversos países que eu vaia,
ti serás miña doce memoria...
¡Mesmo entrar non quixera na gloria
sin primeiro pasar por ahí!
Sofía 1ºD.Nº1.
Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.
Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar.
Cando de lonxe vos oio
penso que por min chamades
e das entrañas me doio.
Dóiome de dór ferida,
que antes tiña vida enteira
e hoxe teño media vida.
só media me deixaron
os que de aló me trouxeron,
os que de aló me roubaron.
Non me roubaron, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.
Que os amores xa fuxiron,
as soidades viñeron...
de pena me consumiron.
Éste es un poema de Rosalía de Castro
En cuanto a lo de las imágenes lo que más me gusta de Galicia son Las Islas Cíes,Verdes y Loa molinos de Carballino
Nº20 2ºC
Hai un poema de Manuel Curros Enriquez que foi cantado por Pucho Boedo, e polos Tamara, que é moi bonito, o su titulo, tamen o da canción é "unha noite na eira do trigo" e segue: ao reflexo do branco luar unha nena choraba sin tregua os desdes dun ingrato galan e coitada entre penas dicia xa no mundo non teño ninguen... Envio unha foto da ribeira do Sil. 4º B nº 16
Este es un poema que escribió Rosalía de Castro y es uno de los más conocidos,se llama: "Negra sombra".
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
o pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando imaxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
ti eres a estrela que brila,
ti eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
ti es o marmurio do río
ti es a noite, ti es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min ti en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.
Esta poesía es de la obra:"Follas novas".
1ºC ESO Nº4
De Cen chaves de sombra é este poema:
Pequeno testamento
Morrer quixera a peito descuberto,
e corazón, ao que foi seu, aberto.
Enxoito de arrebiques honorarios,
cal quixo ser meu xeito de vivir,
e, no medio dos máis, o de sentir
pró combater e o bater diarios.
As aspas do muíño dunha vida
sempre do amor recuncan na ferida.
Por moito que un os poros desorbite,
para casar connosco o mundo non
foi feito, nin refeito na ocasión
e somos carta só pra pau de envite.
A Terra en min mandou e a liberdade,
e teño de cadeas e saudade
dos desterros, recheo o memorial.
Erguer do chan a vida impón a un
xogar a fina vez ao pin-pan-pun
nun circo prás ideas post-toural.
A guerra veu nos anos matutinos
pra estirar seu espectro aos vespertinos
moendo xeracións no seu rodicio,
pechando ao outro todos os camiños
se non collía o vinco nos fociños,
até ter de facer do escape oficio.
Se deixo do que fun imaxe... brava
non é miña a culpa de a non ter escrava,
de non levar as veas en desxeo
nin aturar enriba do meu corpo
o drama da Galiza como un morto,
mentres luza no ceo o seu setestrelo.
Se traballei arreo noite e mais día,
para garnir esquelas non faría,
se non pra merecer da miña banda,
a cobiza de graza que en min berra:
a de morrer en graza coa terra,
aínda que Deus esixa a súa manda.
este poema es de Valentín Paz Andrade autor al que se le dedicó este año el día de las letras gallegas.
En cuanto a imágenes creo que nunca se debería olvidar cualquier imagen de la torre de hércules.
4ºb,nº20
PURA VÁZQUEZ
DESMEMORIADO RÍO O DA MEMORIA
En distancias de soles. En macios universos
pérdeseme a memoria. Na faz apouvigada
onde as palabras floran como un mundo sen ecos.
Son aluadas feridas que perderon as rotas.
Espaventadas cinzas nun boligante vento
onde se ispen lizgairas. Son misterios leviáns
de petunias e anémonas ou de lotos efémeros.
Morren nos fríos sámagos de espellos sen imaxe.
Séganlle as transparencias un gume de coitelos.
No esplendor dese cosmos onde o olvido alborece
choutan os laberintos de oscurecidos ceos.
Nos pórfiros vermellos dos exilios sen volta,
nas longuras, apáganse como se apaga o senso.
Perdéronse os fulgores e as teimosías fondas
nesta gran desmemoria de crepúsculos lentos.
Un lugar que se tiene que ver es las fragas do eume
Nº8 1ºC de E.S.O.
esta es la dirección de la foto que he elegido:http://www.google.es/imgres?q=galiciapaisaje+de+paisaje+de+galicia&um=1&hl=es&biw=1440&bih=817&tbm=isch&tbnid=xQveeR1FPnM5RM:&imgrefurl=http://www.viajesdefindesemana.net/galicia-la-belleza-del-paisaje-minifundista/&docid=EbKxKsan5gWBOM&imgurl=http://www.fotonatura.org/galerias/fotos/usr8605/12082705Rh.jpg&w=800&h=594&ei=5sbDT4buJ8-p0AXmrLSuCg&zoom=1&iact=hc&vpx=374&vpy=330&dur=14&hovh=193&hovw=261&tx=101&ty=115&sig=116116124979979541121&page=1&tbnh=137&tbnw=183&start=0&ndsp=28&ved=1t:429,r:8,s:0,i:87
me encanta el paisaje que tenemos en nuestra comunidad, y esta es ua muestra de su belleza.
nº19 4ºb
Este poema de Rosalia de Castro me encanta:
Maio longo... maio longo,
todo cuberto de rosas,
para algúns telas de morte;
para outros telas de vodas.
Maio longo, maio longo,
fuches curto para min:
veu contigo a miña dicha,
volveu contigo a fuxir.
Algunos sitios que yo recomiendo son: La catedral de Santiago, La torre de Hercules,la playa de las catedrales(Lugo) y la gran muralla de Lugo
Algunos enlaces para fotos:
Catedral:
http://www.berenguela.com/images/Catedral-de-Santiago-de-Compostela3.jpg
Torre de Hercules:
http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/eb/A_coruna_torre_de_hercules_sunset_edit.jpg/250px-A_coruna_torre_de_hercules_sunset_edit.jpg
Muralla:
http://www.vigoalminuto.com/wp-content/uploads/2011/03/Muralla.jpg
http://3.bp.blogspot.com/_Jiq9TsyIqqQ/TCU5_eROCLI/AAAAAAAAAGU/2y3K785gXdc/s1600/Catedrais01.jpg
Playa:http://3.bp.blogspot.com/_Jiq9TsyIqqQ/TCU5_eROCLI/AAAAAAAAAGU/2y3K785gXdc/s1600/Catedrais01.jpg
I anque ora sorrindo canto,
anque ora canto con brío,
tanto chorei, chorei tanto
como as auguiñas dun río.
Tiven en pasados días,
fondas penas e pesares,
e chorei bágoas tan frías
como as auguiñas dos mares.
Tiven tan fondos amores
e tan fondas amarguras,
que era fonte de dolores
nacida entre penas duras.
Rosalía de Castro
Significa que todos sufrimos algunha vez, e que, que aínda que agora sexamos felices, no pasado pasámolo mal. E por iso temos que seguir adiante, e olvidar os momentos nos que o pasamos mal, e acordarnos só dos felices.
nº9 2ºC E.S.O.
Eduardo Pondal, foi un escritor e poeta galego, adicou gran parte da sua obra a Galiza. A sua obra mais destacada é Os Pinos, nesta obra podemos encontrar numerosas referencias á sua terra, como por exemplo cando nos fala dos rumorosos( os pinos) árbore moi abundante en Galicia.
http://www.youtube.com/watch?v=hmXAB9rvFWE&feature=player_detailpage
2ºc numº 23
Adiós, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras,
da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adios, para sempre adios!
¡Adios groria! ¡Adios contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conozo
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡Quen pudera non deixar!...
.........................................
Mais son probe e, ¡mal pecado!,
a miña terra n'é miña,
que hastra lle dan de prestado
a beira por que camiña
ó que naceu desdichado.
Téñovos, pois, que deixar,
hortiña que tanto amei,
fogueiriña do meu lar,
arboriños que prantei,
fontiña do cabañar.
Adios, adios, que me vou,
herbiñas do camposanto,
donde meu pai se enterrou,
herbiñas que biquei tanto,
terriña que nos criou.
Adios Virxe da Asunción,
branca como un serafín;
lévovos no corazón:
Pedídelle a Dios por min,
miña Virxe da Asunción.
Xa se oien lonxe, moi lonxe,
as campanas do Pomar;
para min, ¡ai!, coitadiño,
nunca máis han de tocar.
Xa se oien lonxe, máis lonxe
Cada balada é un dolor;
voume soio, sin arrimo...
¡Miña terra, ¡adios!, ¡adios!
¡Adios tamén, queridiña!...
¡Adios por sempre quizais!...
Dígoche este adios chorando
desde a beiriña do mar.
Non me olvides, queridiña,
si morro de soidás...
tantas légoas mar adentro...
¡Miña casiña!,¡meu lar!
Alba 2ºC ESO Nº8
Adios, ríos, adios fontes
adios regatos pequenos
adios vista dos meus ollos,
non sei cando nos veremos.
[...]
Asi empeza un poema de Rosalia, que trata dun home que ten que emigrar lexos de Galicia.
A foto non tiven tempo de facela, pero sería unha foto da miña aldea, que é o sitio mellor que hai.
Nº31 3ºC
Me encantó este poema de María Mariño:
Si o Outono non crebara o tempo
non se erguía en verso longo o poeta,
o trobeiro que en liña chega á meta
arrola a cume, espaia a néboa, achega o vento.
Os cantores esquecen o seu día
e dóense do que saben que lles chega.
Quece o zoco no ourizo e na nebra.
Vela o arbre a súa en lousa compañía.
Alumea o souto a esperanza soia,
a que onte viveu na súa sombra amiga,
espera hoxe o que dela quedou fóra.
Roda do carro que, entre lousa e folla,
vas trocando por mañán cantiga
atopas noite, atopas día e quedas soia!
En cuanto a los lugares, a mí me gusta la Catedral de Santiago, la playa de las Catedrales...
Daniel V. 3ºC E.S.O nº32
Este poema escrito por Eduardo Pondal es la letra del himno gallego, que refleja el ambiente social y cultural de Galicia, como uno de los m.as importantes testimonios.El poema es el siguiente:
¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.
Christian 2ºCESOnº3
Mi poema es de Rosalía de Castro y se llama:Adiós,ríos,adiós,fontes:
Adiós, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras,
da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adios, para sempre adios!
¡Adios groria! ¡Adios contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conozo
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡Quen pudera non deixar!...
Uno de los sitios más bonitos y que nadie debería dejar de conocer son Los Cañones del Sil.
La foto no la puedo poner así que aquí te dejo la dirección de la página:http://www.google.es/imgres?q=ca%C3%B1ones+del+sil&hl=es&biw=1366&bih=667&gbv=2&tbm=isch&tbnid=At13q1LZMakXBM:&imgrefurl=http://www.ruraliberica.com/fotos/foto.asp%3FId%3D2366&docid=xkKLkw41InBglM&imgurl=http://www.ruraliberica.com/archivo/fotos/CA%2525C3%252591ONES%252520DEL%252520SIL%252520fotos053.jpg&w=475&h=356&ei=qrTXT63hNMjG8gPp5tjAAw&zoom=1
Jaime Nº1 2ºC ESO
Romaxe de Nosa Señora da Barca
¡Ay ruada, ruada, ruada
da Virxen pequena
e a súa barca!
A Virxen era pequena
e a súa coroa de prata.
Marelos os catro bois
que no seu carro a levaban.
Pombas de vidro traguían
a choiva pol-a montana.
Mortos e mortos de néboa
pol-as congostroas chegaban.
¡Virxen, deixa a túa cariña
nos doces ollos das vacas
e leva sobr'o teu manto
as foles da amortallada!
Pol-a testa de Galicia
xa ven salaiando a i-alba.
A Virxen mira pra o mar
dend'a porta da súa casa.
¡Ay ruada, ruada, ruada
da Virxen pequena
e a súa barca!
De Federico García Lorca
Nº14 4ºB
Poema de Eduardo Pondal llamado: "Os pinos". ¿Que din os rumorosos na costa verdecente, ao raio transparente do prácido luar? ¿Que din as altas copas de escuro arume arpado co seu ben compasado monótono fungar? Do teu verdor cinguido e de benignos astros, confín dos verdes castros e valeroso chan, non des a esquecemento da inxuria o rudo encono; desperta do teu sono fogar de Breogán. Os bos e xenerosos a nosa voz entenden e con arroubo atenden o noso ronco son, mais sóo os iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros non nos entenden, non. Os tempos son chegados dos bardos das edades que as vosas vaguedades cumprido fin terán; pois, donde quer, xigante a nosa voz pregoa a rendezón da boa nazón de Breogán. Las imágenes serían de la Torre de Hércules o de Las fragas do Eume. Sofía, 17, 4ºB
Las frases que mas me gustaron fueron estas: -Curarse las heridas, creo que es esencial en la vida saber levantarnos a los palos que recibimos, reponernos y salir adelante. En lo poco que he vivido yo, me han enseñado una cosa, y es que como dice la canción, hay que ``curarse las heridas´´para conseguir ser feliz -Reinagurar la vida, cuando algo o nos va mal y queremos cambiar todo lo que nos rodea, no podemos venirnos abajo y dejar que reine el pesimismo, por eso tenemos que volver a rehacer nuestras vidas y volver a disfrutar de ellas. Jorge, 1º b, BACH
este trocito de un poema de gabriela mistral llamado besos es precioso: Hay besos que pronuncian por sí solos la sentencia de amor condenatoria, hay besos que se dan con la mirada hay besos que se dan con la memoria. Hay besos silenciosos, besos nobles hay besos enigmáticos, sinceros hay besos que se dan sólo las almas hay besos por prohibidos, verdaderos. Hay besos que calcinan y que hieren, hay besos que arrebatan los sentidos, hay besos misteriosos que han dejado mil sueños errantes y perdidos. Hay besos problemáticos que encierran una clave que nadie ha descifrado, hay besos que engendran la tragedia cuantas rosas en broche han deshojado. y las imagenes pues: la muralla romana de lugo,la alhambra de granada, san lorenzo del escorial... Pablo, 1º C, ESO
Poema de Méndez Ferrín titulado Isla:
Isla
Estrecharé tu cintura ligera
con miedo de perder cosas de vidrio
Vacías estancias del crepúsculo
infiernan rojos rubis de espumas
y toda temblorosa fúlgida plata
me convoca la encarnada concha lisa
Esta isla de piedra sobre la lámina
del mar de Lapamán en quieto instante
detiene el color cesura de infinito
o absorta suspensión de tránsitos
Bocinas incendiadas de silencio
prorrumpen en estrépito callado
La ola no revienta está inmóvil
detenida en el proceso de cogerte
Monumento de sí mismo el sol se detiene
y su fulgor de fuego que llamea
se fija en brasa o moneda estática
Quedó quieta la gaviota la dorna absorta
Naufragó en mi verso tanto instante
Por qué he de rasgar este aire de mármoles
ceñiré tu talle y en un asombro
de carnes todo volverá a ser móvil.
Uxia 1º bachillerato
¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
creo que el poema que mas nos define y mas nos puede emocionar al leerlo o escuchalo es el de Eduardo Pondal llamado "Os pinos" ya que es el himno gallego
Publicar un comentario